lunes 21 de julio de 2008

El Juego del Ángel...

... ou cómo empezar un libro e saber que vaiche gustar

_Un escritor nunca olvida la primera vez que acepta unas monedas o un elogio a cambio de una historia. Nunca olvida la primera vez que siente el dulce veneno de la vanidad en la sangre y cree que, si consigue que nadie descubra su falta de talento, el sueño de la literatura será capaz de poner techo sobre su cabeza, un plato caliente al final del día y lo que más anhela: su nombre impreso en un miserable pedazo de papel que seguramente vivirá más que él. Un escritor está condenado a recordar ese momento, porque para entonces ya está perdido y su alma tiene precio.

El Juego del Ángel
Carlos Ruíz Zafón

viernes 7 de marzo de 2008

Hoxe desperteime con resaca...

... e ese non é un nome de muller

_Esta semana foi desas que se contan de xoves a xoves, na que se chega a conseguir un efecto gomina permanente. ¿Que non sabes o que é o efecto gomina? Cóntocho outro día.

_A semana comezaba cunha cea coa xente da resi, unha cea de nadal. ¿Unha cea de nadal en marzo? Boh, a cuestión era facer a cea. E aínda que faltaron as croquetas, ninguén se queixou. A algún semellaba que non lle dan de comer na casa. Entre risas, ó final vimos que non é o mesmo discutir de fútbol que de política, como non é o mesmo una angina de pecho que un pecho de gina.

_O camiño de volta a casa foi para esquecer. Espertar nun vitrasa rodeado de xente máis lonxe da túa casa do que estabas cando subiches ó bus non é un gran recordo.

_O sábado pola mañá arribamos a Baiona. Un sol perfecto para botarse o día comendo: un pincho moruno, unha cunca de viño blanco, brocheta de calamares, unha cunca, bocata de criollo, cunca de viño, tapa de polvo, outra de chipiróns (dejarme a mi los rabos), un chupito, unha filloa, outro chupito, mellor non, mellor ponnos a botella... ¿Si te compro eso te lo pones? A min dixéranme que os ciencias do mar eran uns festas, pero non se quixeron quedar á noite.

_E o martes chegou dende madrid un universitario da complutense, que leva tres anos para sacar un carné. Despois dunha noite a base de birras e play, tivo que dormir no sofá, non se puido duchar por falta de bombonas e marchouse correndo comendo só unha empanadilla... non creo que volva.

_¿E este xoves saímos? Pois si, os catro de sempre...
_

martes 12 de febrero de 2008

É tempo de descanso

_Non pode haber nada bo en que o oculista dígache que aumentáronche as dioptrías. É algo bastante detestable. Aínda así, existe unha sensación, da que vós, os que vedes ben, nunca chegaredes a gozar.

_Non se trata de que sexamos egoístas, simplemente é que nunca seriades capaces de comprendelo, e moito menos, experimentalo. Trátase do momento no que estreas lentes, logo da visita ó oculista e de actualizar os cristais.

_É marabilloso ser capaz de novo de distinguir un rostro a vinte metros, ou de poder ler un cartel ó outro lado da rúa. Por unhas horas e mentres os teus ollos acostúmanse, tes a sensación de poder ver máis cores das normais.

_Todo isto vén a que onte estreei lentes de contacto. Que ese mesmo día tivese un exame tipo test non foi unha coincidencia.

_O caso é que de pouco serviu unha vez lida a putada de exame. Que xa te advertiran antes do mesmo de que levases vaselina, non quita que non te vaia doer.

_Así que despois de botar o euromillóns, que non quiniela, avístanse un par de semanas de prácido descanso. Para ben ou para mal, xa queda un cuadrimestre menos.

lunes 14 de enero de 2008

Repitan comigo, non se pode xogar na piscina

_Hoxe tivemos terapia de grupo.

_Tocaba ir nadar os tres á piscina. Un mandado polo médico, o outro porque con esa tableta de chocolate non vai a ningún lado.

_Un espectáculo digno de ver: pantalóns de fútbol por bañadores (villarreal e lobelle), gafas prestadas dos obxetos perdidos, 15 largos de obxetivo. ¿Pódese tirar un de cabeza?

_Pois vai ser que non.

_PD: ameazan con mercar un bono ô_Ô

martes 8 de enero de 2008

Historias de Telefónica...

... ou de cómo desfrutar de banda ancha e teléfono pagando menos da metade

_Facer as maletas para volver a Vigo sempre da algo de baixón, pero abrir o buzón e atopar unha factura de telefónica duns 40 euros, máis.

_¿Pero nós non tiñamos contratado Orange?

_Oes, que boa pregunta. Desempacamos e imos preguntar. Imos á tenda do lado de casa, e agardamos a que a sorrinte dependenta remate a súa conversa no messenger (te dejo, que acaban de entrar tres indeseables) para amosarlle a factura.

_Despois de darlle moitas voltas ó asunto, chegamos á conclusión de que só lle estamos pagando a telefónica o mantemento da liña, e que a orange non lle consta que esteamos a empregar os seus servicios... en palabras da señorita dependenta: ¡Esto es un chollo! Yo de vosotros no tocaba nada.

_A iso chámase sentir as cores, unha traballadora implicada coa empresa. Pois nada, que tienes derecho a internet.

martes 1 de enero de 2008

Equivocarse cos cuartos non ten prezo

_A cea de fin de ano serviume para comprobar que a mi miña lentitude á hora de comer non vén de familia. Mentres toda a mesa gozaba do rico cordeiro da miña avoa, eu aínda apuraba os últimos langostinos da fonte para poder comezar coas dúas nécoras que agardaban agochadas no fondo dun prato cheo de cascas.

_As badaladas na primeira (a avoa manda), coa guri-guri pasando frío e sen botar en falta ó Ramoncín coa súa capa. Comezar o ano cun sorriso (que grandes os de MasterCard), e champaña, e unha lámpada menos, e tracas e fogos de artificio. Poñerse a chaqueta e correndo cara o centro que chego tarde. E a partir de aí, festa.

_Un cambio na hora do móbil para ser puntual, un sombreiro con moita clase, baile de aninovo no Planeta Kronem, un remexedor de cubatas radioactivo, nin rastro da prometida pistola láser, tres caciques e un johnny, non quedan perchas, unha camareira con antifaz, unha marciana con antenas, un mozo con cara de parvo, seis caciques e dous johnnys, alcohol na chaqueta, un amigo teu que non coñeces (que cousas), base en estocolmo, me debes 20 euros, un gorro de papa noel, motor boats, doce caciques e catro johnnys...

_Camiño á zona vella, tiñamos que ter mexado antes, botellón en praterías, encontro no fontesequela, gorro negro de cacique, fotos, 19 dias e 500 noches, catro birras, unha ianquee que behh, unha alemana que brrr e un amigo estúpido, que así non entras en casa, que es un puto sobrado, que non lle fas caso a laura.

_Reunión no toural, unha das xuventudes populares (llegar a fin de mes es posible con Mariano), uns que non aguantan o ritmo; un friki bailando no blaster, unha botelliña de auga, o galicia está pechado, non hai bocadillos, un chocolate con churros a cinco euros, unha cola tremenda na parada de taxis, unha parada de autobús vacía, volver andando a casa ben entrado o día.

Gran noite
_